O MUNDO DENTRO DUN HAIKU




 

    O Club de Lectura Baiolendo conformado por alumnado de 1º de CM, 1º BACH e 4º ESO leu o libro Poesía mínima de Helena Villar Janeiro, que inclúe 50 fotopoemas que xiran arredor das cousas sinxelas que forman o universo.

    Tomando como modelo esta lectura, cada membro observou o mundo buscando aquilo que lle producise especial emoción e sacou unha fotografía. A continuación, creou de forma sinxela, instantáneas en verso -haikus- que completaron a mensaxe das imaxes.
Velaquí vos deixamos as creacións artísticas resultantes.