PEQUENA BIOGRAFÍA DE LUÍSA VILLALTA

 LITERATURA, ILUSTRACIÓN E MÚSICA ARREDOR DA FIGURA DE LUÍSA VILLALTA

Onte o alumnado de 1o ESO gozou dunha sesión moi amena e divertida co contacontos

realizado por Polo Correo do Vento sobre a figura homenaxeada este ano polo Día das Letras

Galegas. .

Mentres Tania Solla realizaba unha ilustración de Luísa Villalta e Quique Mauricio

amenizaba a sesión coa interpretación de cancións que apoiaban a narración do que se estaba

a dicir en cada momento, Antón Ke íanos relatando a orixe desta celebración e os criterios que

se tiñan en conta para escoller a persoa á que se lle dedicaba ese día; lembrou a figuras

destacadas como Rosalía de Castro, Fernández del Riego, e ata leu poemas Labarta Pose, como

apoio á candidatura presentada para dedicarlle o ano que vén esta conmemoración.

Despois desta breve introdución entrou de cheo na figura de Luísa Villalta. Muller que

tocaba o violín, comprometida cos problemas sociais, ecoloxista activa no movemento social de

Nunca Máis, feminista, profesora de lingua galega, escritora de poesía, narrativa, ensaio, música,

colaboradora habitual en xornais e revistas, e sexta muller homenaxeada no Día das Letras

Galegas.

Na parte final da sesión o alumnado debuxou o retrato desta intelectual poliédrica

seguindo as pautas marcada pola ilustradora polo que lles resultou moi fácil. Antes de

despedirse agasalláronnos aos/ás presentes con cadanseu exemplar do libro Tinta do mar.

Pequena biografía de Luísa Villalta.

Agradecémoslle ao Concello de Zas que fixera posible que se realizase este contacontos

no noso Centro.