Este venres o Club de Lectura Baiolendo despediuse no entorno natural de Valarés. Foi unha xornada moi emotiva que comezou na casa de Eduardo Pondal, onde cantamos o Himno Galego, e que continuou cunha andaina ata a praia de Valarés.
Á xornada festiva non lle faltaron os xogos tradicionais e o recitado de poemas por parte do Club de Lectura de 2º ESO, quen compartiu con tod@s algún dos poemas de Street Poems de Fran Alonso.
Un dos grandes momentos de convivencia foi o do xantar, onde non podían faltar a pizza, a tortilla e os xeados.
Rematamos a xornada agasallando ao alumnado cunha libreta, doazón de Bibliotecas Escolares, e máis cun pequeno libro Mulleres de sempre, unha obra colectiva co mellor da nosa literatura, agasallada pola Fundación Xistral.