O IES MAXIMINO ROMERO DE LEMA GAÑA O SEGUNDO PREMIO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA “INNOVAGAL”

    


    O IES Maximino Romero de Lema vén de recibir o segundo premio INNOVAGAL de Inovación Educativa concedido pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola nosa traxectoria de compromiso coa innovación educativa. Para nós é un orgullo porque a Biblioteca sempre está presente na dinamización das actividades que no noso Centro se realizan.

    Este premio é un recoñecemento ao importante labor que se desenvolve neste Centro desde hai moitos anos e en ámbitos moi variados, como a igualdade, a lingua, a literatura, o medio ambiente, a música e as artes escénicas, o consumo responsable, a informática, a ciencia e a tecnoloxía, … recibindo recoñecementos e premios tanto a nivel galego como a nivel nacional.