EXPOSICIÓN “MULLERES DO MEDIEVO GALEGO”

 O Equipo da Biblioteca trouxo ao Centro a exposición "Mulleres do medievo galego" dende o 15 ao 26 de xaneiro. Consta de 21 paneis, o primeiro introdutorio e o resto son dez láminas ilustradas e os 10 respectivos textos onde as protagonistas son dez mulleres da nosa historia: Dona Urraca, María Castaña, Lupe Pérez de Traba, Inés de Castro, Maior Guntroda Rodríguez, Aldonça I e Sancha II , Ilduara Eriz, Sancha I ,Tareixa de León e María Peres, A Balteira.

As ilustracións están feitas por 5 ilustradoras galegas; Iria Fafián, Laura Romero, María Montes, Minia Regos e Nuria Díaz.

Con esta exposición, a área de Igualdade da Deputación da Coruña procura dar unha maior difusión a mulleres da nosa historia que foron invisibilizadas e tamén a mulleres artistas actuais non sempre o suficientemente coñecidas.

Dende o Centro queremos agradecer todas estas iniciativas a prol dunha sociedade igualitaria inclusiva e diversa, “unha medida de actuación estratéxica para promover na sociedade un pensamento crítico sobre as desigualdades de xénero, sobre a desaparición das mulleres da esfera pública ao longo da historia, mais tamén na posta en valor do papel das mulleres artistas na sociedade actual”.