ENCONTRO LITERARIO CON ALBERTO MANCEBO

    Hoxe, no Club de Lectura de Adultos, tivemos un encontro literario co xornalista e escritor Alberto Mancebo. Durante unha hora conversamos ao redor da súa primeira novela O que me quedaba por dicirche, unha historia familiar, íntima e sentimental baseada nas intensas emocións dun rapaz chamado Xoán, pero que podería ser calquera de nós….Neste libro relata de forma moi cercana e con moito sentimento esas emocións que veñen marcadas tanto pola presenza como pola ausencia das persoas máis próximas a nós.

    Ademais de achegarnos á súa novela e ás motivacións das que partiu, Alberto contounos como comezou no mundo da escrita, como é a súa técnica de escritura, como combina o seu labor profesional coa escritura, falounos dos seus próximos proxectos literarios e comentamos aspectos variados de carácter literario, social, educativo, profesional… 

    Rematamos este encontro coa sinatura de libros.

    Agradecémosche Alberto a túa visita ao noso Centro e emprazámoste para presentar Indolente,  a túa obra premiada na XXX Edición do premio de novela curta “Manuel Lueiro Rey”.