30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ

 🕊30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ🕊

Dende a Biblioteca, para conmemorar esta data, estivemos elaborando ao longo destas semanas, este mural de pombas feitas nas titorías da ESO e que nos invaden por todo o corredor principal do centro 🕊 Ademais, tanto nas pombas como nas pezas que compoñen o mural, aparecen escritas palabras e textos sobre a Paz. Por outra banda, completamos esta exposición cunha selección de libros relacionados con esta conmemoración.