Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais

 

    O Equipo da Biblioteca promove a formación responsable no uso das redes sociais cun obradoiro dirixido ao alumnado de 2º e 3º da ESO: «Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais» impartido por David Bascoy. Este obradoiro ten como obxectivo capacitar aos rapaces e rapazas no uso seguro e responsable das TIC. Este obradoiro levouse a cabo o martes 23 de xaneiro.

    Durante a sesión introducíronse os aspectos máis relevantes para garantir que os mozos e mozas comprendan a importancia de construír unha presenza en liña positiva e protexer a súa privacidade no mundo dixital proporcionándolles as pautas máis relevantes para crear, manter e configurar perfís seguros nas redes sociais.