XOSÉ MARÍA REI LEMA REIVINDICA O DÍA DAS LETRAS GALEGA PARA LABARTA POSE

Este venres, dentro dos actos do VI Mes do Libro organizado polo Equipo da Biblioteca do noso Centro, o alumnado de 1o Bach acudiu á presentación do libro Antoloxía Poética.

Enrique Labarta Pose que foi publicada recentemente. O mestre de cerimonia foi Xosé María Rei Lema, un dos editores xunto con Xosé María Varela. Confesou o investigador que decidiron realizar esta recompilación de corenta poemas en galego do escritor baiés porque xa era case imposible acceder á súa creación poética pois hai trinta anos que non se publicaba nada del. Ademais esta iniciativa encádrase dentro das que desenvolve o Concello de Zas para conseguir que se lle dedique a Labarta Pose o Día das Letras Galegas 2025.

A seguir Rei Lema centrouse na figura do noso ilustre paisano cun percorrido pola súa traxectoria vital que ía acompañando de textos e fotos referentes aos feitos que relataba. A continuación detívose na faceta de autor, destacando a sona de bo escritor que tivo na súa época, con numerosos premios e cuxa poesía humorística foi a máis celebrada. Pero sinalou o estudoso que Labarta era máis que un poeta humorístico: nos seus poemas hai temática social, defensa da muller, reinvindicación do uso do galego, denuncia das pésimas condicións na inmigración, rexeitamento do maltrato animal, das corridas de touros... O relator ía apoiando a información co recitado de poemas.

Na presentación, Claudia e Bruno, agradecéronlle ao invitado por transmitirnos a historia e o labor literario deste persoeiro destacado da nosa vila e que cómpre divulgar para poñer a Baio no mapa da literatura galega. Este tipo de actividades son esenciais para coñecermos o noso patrimonio cultural que serve para cohesionarnos ao redor dos nosos símbolos.

A obra foi publicada pola Editorial Galaxia grazas a un convenio de colaboración co Concello de Zas como parte da colección Letras Galegas Clásicos. Agradecemos ao Concello de Zas, que tanto esforzo está adicando para impulsar a figura de Labarta Pose, con exposicións e publicacións diversas, que nos doara catro exemplares do libro para que toda a Comunidade Educativa poida achegarse a vida e obra de Labarta Pose.










CLUB DE LECTURA DE 3º DA ESO

  O alumnado do club de lectura de 3º da ESO rematou de ler o libro de "Cando sangren os lobos” de Adrián Gomez Ramos. Fotagrafiamos a todo o grupo ao redor dun círculo semellante aos meigallos contra aos lobishomes que aparecen nesta obra.

😀😀😀ENCANTOULLES!!!😀😀😀



FRANCISCO CASTRO INAUGURA O VI MES DO LIBRO NO IES MAXIMINO ROMERO DE LEMA

 

Hoxe, 2 de abril, para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, a nosa biblioteca, dentro dos actos da VI Edición do Mes do Libro, contou coa presenza de Francisco Castro, unha das voces galegas máis coñecidas do momento.

O autor mantivo un encontro literario co alumnado de 2º ESO, acto que comezou coa súa presentación por parte de dous alumnos, Henri e Alicia, que destacaron o carácter sempre comprometido da súa obra, porque el fai literatura para denunciar os problemas que asolagan a sociedade actual. A continuación tomou a palabra para entrar de cheo na trama d´A historia de Sara, un álbum ilustrado no que unha nena de seis anos ofrece unha ollada infantil sobre o abuso sexual.

Desvelou que había moito tempo que escribira o libro, que o fixera só en dous días, que a súa orixe fora unha ferida persoal, e que chegara agora o momento oportuno de publicala. Os que gañan a vida escribindo, actuando... teñen a sorte de converter as feridas en obxectos artísticos comentou Francisco Castro. Destacou as fermosísimas ilustracións de Luz Beloso, que tan ben complementan esta historia de “sensibilidade extrema” de violencia sexual, pero asemade de amor dos pais e das nais. Debullou aspectos relativos da súa escrita cos que procura guiarnos na viaxe cara un lugar determinado durante a lectura.

Na segunda parte do encontro foi o alumnado quen tomou a palabra para transmitirlle ao autor as interpretacións e as emocións que sentiron, as dúbidas arredor do libro. Aínda que a temática é dura, eles e elas manifestaron que a leron con naturalidade, sen prexuízos e que lles gustou malia ser unha historia triste.

Rematamos a velada literaria agradecéndolle ao autor que se achegase ao noso centro e compartise connosco o misterio da literatura.











Teño un volcán dentro. Club de Lectura 1º ESO

    María Canosa, enxeñeira e escritora, foi galardoada co Premio Carlos Mosteiro 2022 pola esta obra Teño un volcán dentro, protagonizada por un neno diagnosticado con trastorno do espectro autista. Canosa aborda as expectativas sociais así como a riqueza da diversidade, mais tamén a creación dun relato que, como ela di, “buscaba transmitir unha historia realista,é unha ho que non se dulcificase en exceso”.

    O protagonista chámase Miguel e observa o mundo con ollos comúns, pero ten unha mirada diferente. A súa cabeza procesa as cores, os números e a música dun xeito especial. Quen o rodea é consciente do extraordinario do seu interior.

    Miguel sente que baixo o peito algo estoupa.

    Este trastorno afecta a súa percepción sensorial, a súa comunicación e as súas interaccións sociais. 

    A relación de Miguel coa súa familia e amigos no libro “Teño un volcán dentro” é unha parte fundamental da historia. A súa familia e amigos son comprensivos e aceptan as súas diferenzas, o que fomentan unha conexión especial entre eles. 

    O alumnado disfrutou desta lectura e logrou comprender como percibe o mundo que nos rodea unha persoa con TEA.

  Mantivemos reunións quincenais durante as horas de recreo nas cales compartíamos as impresións de cada parte do libro lida.



ENCONTRO CON FRANCISCO CASTRO



 

A historia de Sara. Recomendación lectora do Club de Lectura


     Mañá ingauguramos o IV Mes do Libro no noso Instituto coa visita de Francisco Castro que nos vén falar de A historia de Sara
    Todos @s que non líchedes este precioso álbum ilustrado prestade atención a estas recomendacións feitas polo alumnado do Club de Lectura, seguro que quedades con ganas de lelo, e se así é, pasádevos pola Biblioteca a recoller un exemplar.

    Aquí vos deixamos outra recomendación:

RECUNCO REFRANEIRO MES DE ABRIL