Lendas que arrefrían o sangue na biblioteca!


    O Samaín é tempo de misterio, de historias que pasan de xeración en xeración e de relatos que nos fan mirar por riba do ombreiro cando cae a noite...

    Na biblioteca do instituto vivimos unha xornada moi especial grazas ao alumnado de 1º da ESO, que compartiu cos seus compañeiros algunhas das lendas tradicionais da nosa contorna. Historias recollidas nos seus propios fogares, transmitidas polas familias e conservadas na memoria colectiva, que nos permitiron achegarnos á riqueza da tradición oral da nosa terra.

    Entre voces misteriosas, sucesos inexplicables e relatos arrepiantes, houbo tempo para escoitar con atención, deixar voar a imaxinación e levar algún que outro susto. Porque non hai nada como unha boa lenda contada no momento axeitado para poñernos a pel de galiña!

    Con esta actividade, o alumnado non só compartimos historias fascinantes, senón que tamén contribuimos a manter viva unha parte do noso patrimonio cultural, lembrándonos da importancia de escoitar as persoas maiores e conservar estas narracións que forman parte da nosa identidade.

📚🕯️ Grazas ao alumnado de 1º da ESO por abrirnos as portas ao mundo das lendas e demostrar que a tradición oral segue moi viva!