POLOS CREATIVOS: CONTA NOVE ESTELAS E AS SÚAS COSTUREIRAS

    Empregando a máquina de coser de Polos Creativos, unha alumna do Club de Lectura de 1º ESO e máis a coordinadora do Club de Lectura confeccionaron a roupa da protagonista do libro Conta nove estrelas de Andrea Maceiras. Na última foto podedes ver que ben nos quedou todo.





 


















POLOS CREATIVOS: CONTA NOVE ESTRELAS

 

    O Club de Lectura de 1º ESO estivo empregando o material de Polos Creativos para a súa foto artística do libro Conta nove estrelas de Andrea Maceiras e para recibir á autora o día que veu ao Encontro Literario organizado pola Biblioteca no V Mes do Libro.








50 ANIVERSARIO DE PABLO PICASSO

 A VIDA DE PICASSO

O 8 de abril cúmprese o 50 aniversario do falacemento do artista español Pablo Picasso, e dende a nosa biblioteca conmemoramos esta data tan sinalada coordinando a elaboración deste mural sobre a vida do pintor feito por parte do alumnado de 2º de FP Básica. Buscamos información sobre a traxectoria do artista, seleccionámola e plasmámola neste mural que se pode ver nunha das entradas do noso instituto.




BOOKWORMS

 


O Equipo da Biblioteca en colaboración co Departamento de Inglés , organizou esta actividade de fomento da lectura en inglés, celebrando así tamén o Mes do Libro. Animádevos e recibiredes o voso agasallo.



BAIOLENDO DESPIDE O 2º TRIMESTRE

 

Despedimos o segundo trimestre en Baiolendo que foi moi rico en lecturas. No Club de Adultos leron Pan de limón con semillas de amapola de Cristina Campos e A culpa de María Solar. Deste último tiveron un encontro coa autora no terceiro trimestre xunto co alumnado de 1º Bacharelato que podedes ver o resumo na entrada http://bibliotecamaximino.blogspot.com/2023/05/maria-solar-pecha-o-v-mes-do-libro-do.html

O Club de Lectura integrado por alumnado de 3ºESO, 4º ESO e 1º FPB gozaron coas lecturas: A lebre mecánica de Ledicia Costas e Segredos non solpor de Iria Misa e os de 2º ESO leron o libro de poesía A pel do mundo de Berta Dávila. En 1º ESO leron e divertíronse con Non trabes na lingua de Antón Cortizas do que realizou un vídeo coa rapazada recitando de memoria algunhas brincadeiras da lingua e que lle presentaron ao autor no encontro que tiveron en abril.

http://bibliotecamaximino.blogspot.com/2023/04/non-trabes-na-lingua.html

http://bibliotecamaximino.blogspot.com/2023/04/anton-cortizas-fai-das-adivinas-un.html

Tamén leron de Andrea Maceiras Conta nove estrelas e tiveron oportunidade de ter un encontro no que comentaron coa autora a súa lectura e ademais déronlle unha sorpresa caracterizándose Sara, unha das integrantes do club, da protagonista do libro. Para isto Sara axudada pola coordinadora do Club de Lectura Baiolendo tiveron que coser a roupa coa máquina de coser que temos no centro. Ademais tamén se elaboraron nove estrelas cunha máquina de Polos Creativos que as recorta automaticamente. Mirade na foto que ben quedou a foto artística que elaboramos coa autora.

http://bibliotecamaximino.blogspot.com/2023/04/polos-creativos-conta-nove-estelas-e-as.html

http://bibliotecamaximino.blogspot.com/2023/04/polos-creativos-conta-nove-estrelas.html

Para finalizar sinalar que no club de lectura de 1º Bacharelato leron Infamia de Ledicia Costas; o de 1º FPB, O que eu creo (todo) de Jordi Sierra i Fabra e no de francés seguiron coa lectura do libro C´est mieux quand ça rime!v de Marie Pimont.

Velaquí vos deixamos fotografías artísticas que resumen a esencia dos libros lidos.











V MES DO LIBRO

 V MES DO LIBRO 

Xa temos o cartel oficial do V Mes do libro do IES Maximino Romero de Lema. Teremos o pracer de contar con todos estes escritor@s e saídas ao longo deste mes 📚

   En abril libros mil! 😊