ENTREGA DE PREMIOS "O MEU LIBRO FAVORITO 2024 GALICIA"

 O MAXIMINO ROMERO DE LEMA GAÑADOR

NOS PREMIOS O MEU LIBRO FAVORITO 2024 GALICIA

Hoxe, 24 de outubro, celébrase o Día das Bibliotecas e, consideramos que era a data

idónea para entregar os premios ao gañador e ás gañadoras do noso Centro do concurso O

meu libro favorito 2024 Galicia convocado pola Consellería de Cultura, Educación,

Formación e Universidades da Xunta de Galicia e a Fundación José Manuel Lara froito do

convenio que manteñen ambas as institucións.

Este certame, destinado ao alumnado de secundaria, ten como obxectivo fomentar a

lectura entre a mocidade a través da escritura dunha pequena reflexión na que comentan cal é

ou foi o seu libro preferido e ten dúas categorías: unha en lingua galega e outra en lingua

castelán. Presentaba como novidade nesta edición a modalidade de podcast, tanto en castelán

como en galego, e foi xusto nesta na que destacou o noso alumnado: conseguiron compartir

de xeito emocionante e creativo as ideas que lle suxería o libro escollido.

En lingua castelá Henri Chie Sa Amorim de 2º ESO acadou o premio co podcast

“Padre rico, padre pobre” e na modalidade en galego, lográrono as alumnas Paula Lema

Paz, Ledicia Vázquez Castiñeira e Sabela Lema Caamaño de 3º ESO polo seu traballo

conxunto sobre “A historia de Sara”. Ambos os traballos foron guiados por Adriana Varela

Vázquez, profesora que formou parte do Equipo da Biblioteca no pasado curso.

No mes de xuño foi cando o xurado deu a coñecer os premiados e, a principios deste

curso enviáronos ao centro os premios acadados que hoxe entregamos e demos a coñecer. O

alumno e as alumnas recibiron cadanseu dispositivo electrónico de audio e son. Á profesora,

polo seu labor de incentivar a actividade, unha tarxeta regalo da Casa do Libro (valorada en

50 euros) e para o centro educativo recibimos un lote de libros, dotación da Consellería de

Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

O fomento da lectura é o obxectivo esencial de calquera biblioteca e a nosa non é

unha excepción. Unha tarefa que vai máis alá da habilidade de saber ler e que pretende un

mellor achegamento ao mundo do libro e á formación de lectores. Por iso dende a Biblioteca

Escolar seguiremos a animar na participación en vindeiras edicións.