OBRADOIRO PONTE NAS ONDAS

 


Dentro do proxecto Radio na escola, onte tivemos a oportunidade de achegarnos ao mundo da radio e dos podcast da man de Damián Alonso. Pola mañá impartiu un obradoiro ao alumnado de 2º e 3º de ESO no que introduciu os conceptos básicos da edición do son e do funcionamento dun programa de edición; indicou como se prepara a escaleta dun programa de radio, incluíndo técnicas e recursos específicos; traballáronse certas técnicas de dicción e de comunicación radiofónica; amosou os aspectos técnicos da emisión e gravación dun programa de radio e, por último, os asistentes puxeron en práctica estes coñecementos elaborando un programa de radio no que, por parellas, falaron de asuntos de interese, de actualidade, entretemento, etc.

Esta programa podemos escoitalo no seguinte enlace.

Pola tarde foi a quenda do profesorado, que guiados de novo por Damián Alonso, permitiunos iniciarnos no marabilloso mundo da radio.

Tanto para o alumnado como para o profesorado, este obradoiro axudounos a “perderlle o medo” á radio, espertando a nosa curiosidade, creatividade.. e, quizais tamén, a vocación cara a este medio de comunicación no futuro.