O Equipo da Biblioteca invitou aos seus usuarios a realizar un fotopoema: cando visen unha paisaxe, unha realidade cotiá, un obxecto que lles provocase unha especial emoción, tiñan que tirar unha fotografía e escribir un haiku no que reflectisen os sentimentos sentidos.
A proposta tivo un gran éxito -entregáronnos máis de cincuenta fotos cos respectivos poemas- e para celebrar hoxe, 20 de marzo, o Día Mundial da Poesía, realizamos unha exposición que podedes visitar en distintos puntos do instituto.
Velaquí vos deixamos imaxes da mostra coas creacións artísticas das cousas sinxelas que forman o universo de bastantes alumnos e alumnas, de profesoras e, ata dalgúns pais e nais.
Animámosvos a conmemorar este día, LENDO e GOZANDO da POESÍA!