INICIACIÓN Á COSTURA NA BIBLIOTECA

 

Na preparación do Entroido, un grupo de rapaces e rapazas  do Club de Lectura apuntáronse para colaborar na elaboración dos disfraces. Para iso, fixeron uso da máquina de coser, que recibimos xunto co material de Polos Creativos. Grazas a esta iniciativa, organizada polo Club de Lectura, o alumnado tivo a oportunidade de iniciarse na técnica da costura, ao tempo que se preparaba con ilusión para unha das celebracións máis divertidas do curso.