Un mundo novo é seguro, pero nada nos asegura que sexa mellor se non tomamos cartas no asunto, e o consumo é o principal piar para acadar ese mundo. Poucas veces somos máis importantes na sociedade que cando tomamos a decisión de consumir: roupa, combustibles... pero tamén alimentos. Canto tempo lle dedicamos a analizar as consecuencias do noso consumo de alimentos? É fundamental, como ben sabemos na nosa Biblioteca, polo que decidimos axudar á Comunidade Educativa a reflexionar sobre o seu consumo de alimentos.
O noso proxecto vaivos traer cada mes unha mostra dos alimentos con pegada cero, é dicir, alimentos que se producen na nosa contorna e que polo tanto reducen custos ambientais ao tempo que axudan aos produtores locais.
Unha das máximas do ecoloxismo marcaba que debemos pensar globalmente pero actuar localmente e nesa liña se enmarca a nosa iniciativa: Dálle unha volta ao teu consumo.