OBRADOIRO DE DOBRADO DE LIBROS


Para manter viva, útil e actualizada unha biblioteca é necesario o expurgo daqueles libros

que xa non son útiles por distintos motivos, e así o facemos na nosa. Que facemos con eses

libros? Pois nesta ocasión o Equipo da Biblioteca invitou a Ma Elena Caamaño para que impartise

o obradoiro Dobrando libros e iniciase o alumnado de 1o BACH na arte de transformar eses

libros vellos en fermosas esculturas.

O dobrado de libros é unha técnica que estimula a creatividade creando figuras

decorativas con páxinas de libro. Medir, marcar, curtar e dobrar son as accións que resumen o

procedemento. A especialista trouxo varias das súas creacións para que puidésemos apreciar

as marabillas se poden facer con paciencia e pericia.

Dado que os/as asistentes eran principiantes e o tempo era pouco -dúas sesións-, Ma

Elena trouxo preparados os patróns das letras -que conformaban o nome da protagonista das

Letras Galegas, Luísa Villalta, e o de IES de Baio- coas medidas marcadas para que lles dese

tempo de elaborar unha. Mesa por mesa indicoulles como realizar os seus deseños: páxinas

totais do libro, páxinas que debía ocupar o deseño, páxinas extras a dividir entre dous...

Grazas as súas claras explicacións o alumnado e profesorado asistente logrou realizar a

letra que lle tocou nunha divertida sesión e dándolle unha nova vida os libros dos que nos

desfaciamos.