O Equipo da Biblioteca invitou a Rosalía Fernández Rial, gañadora do premio Vidal Bolaño 2024 de teatro pola obra Fóra de campo, a participar na Semana Cultural do noso Centro. Impartiu un obradoiro de teatro e poesía ao noso alumnado de 1º de Bacharelato. Nel deron renda solta a súa creatividade e, inspirándose na portada dun disco de Paul Smith, crearon o seu, escribiron a a letra dun poema e posteriormente fixeron unha perfomance. En realidade, está é a proposta didáctica para as aulas de linguas que propón na súa recente publicación Mover ficha.
O 22 de maio Rosalía publica o seu poemario bilingüe De centeo e durmideiras, e será Yolanda Castaño a responsable de facer o prólogo desta obra editada por Cuatro Lunas.