O Equipo da Biblioteca participará activamente na Semana Cultural do noso centro, que se está a celebrar estes días, organizando distintos talleres. O primeiro tivo lugar hoxe luns e nel o artista Jesús Pérez iniciou ao alumnado de 1ºESO na técnica fotográfica da cianotipia, unha técnica xurdida no século XX con múltiples usos en creacións contemporáneas.
Comezou o taller explicando o
desenvolvemento do proceso, facendo fincapé na importancia da luz e da
escuridade no mesmo. A continuación cada alumno/a elaborou o seu negativo en
láminas de acetato transparente pintando as zonas en negro de fotografías que
lles proporciounou Jesús. A seguir, co laboratorio en escuridade, empapou cunha
solución de cianotipo os papeis sobre os que puxeron as imaxes creadas polos/as
rapaces/as e procedeu ao seu secado cun secador de man; finalmente comprobaron
o seu revelado ao sol.
Os retratos dalgunhas das
figuras homenaxeadas nas Letras Galegas: Luísa Villalta, Xela Arias, Rosalía
de Castro, Francisca Herrera Garrido, Risco, Castelao ou Otero Pedrayo foron os empregados para realizar os negativos.
O alumnado quedou sorpendido coa técncia tan sinxela do revelado e gozou con todo o proceso que lles permitiu achegarse ao mundo da fotografía de xeito moi diferente ao que eles coñecen e usan a través dos seus móbiles.