O pasado venres a compañía de teatro coruñesa Os náufragos presentou ao alumnado de 1º e 2º ESO aspectos da infancia de Picasso na Coruña, durante os catro anos que o artista residiu na cidade herculina.
A través das artes escénicas foron revelando algúns segredos e curiosidades do seu paso por Eusebio da Garda, casa familiar, praia Orzán...
Rematou a presentación con todo o alumnado emulando ao pintor na creación dos propios debuxos relacionados con aspectos de Picasso e que estarán colgados na casa familiar cando a vaian coñecer.
O noso alumnado puido coñecer como este artista universal, do que se cumpriu este ano os 50 anos da súa morte, ten moito que ver con Galicia. É esta unha actividade que precede á visita teatralizada que realizará o alumnado de 1ºESO este xoves 30 polos lugares máis emblemáticos que percorría o pintor no seu día a día.