EXPOSICIÓN DE BOIX, O FOTÓGRAFO DE MAUTHAUSEN


Bo día a tod@s!

Dende a biblioteca do IES Maximino Romero de Lema queremos informar que entre o 23 de setembro e o 10 de outubro o noso centro contará coa exposición O fotógrafo de horror. A historia de Francisco Boix e as fotografías roubadas ás SS de Mauthausen.

Francisco Boix con apenas dezaseis anos fuxiu do avance das tropas fascistas na Guerra Civil Española para rematar internado no campo de exterminio de Mauthausen en 1941. Aproveitando o seu oficio de fotógrafo, Boix foi acumulando numerosas fotos das atrocidades cometidas polos nazis así como os rostros dos executores, o que serviría como proba durante os xuízos posteriores á liberación dos campos. 

No IES Maximino Romero de Lema traballamos na seguridade de que unha sociedade só pode avanzar se entende o pasado para non repetir os erros. Nada mellor que coñecer de primeira man o traballo de Boix para, a través de actividades didácticas e pedagóxicas, afondar no que significaron tanto a segunda guerra mundial como a “Solución Final” que supuxo o asasinato masivo de millóns de persoas por seren, simplemente, diferentes.

Animámosvos a visitala e agardamos que sexa do voso agrado! 


BENVID@S AO NOVO CURSO ESCOLAR 20/21!!

Bo día a todos e a todas,

Dende a biblioteca queremos darvos a benvida a este novo curso escolar 2020-2021. Como xa sabedes, será un curso marcado pola situación que estamos a vivir e ao igual que no resto de espazos do centro, na biblioteca, tamén temos unhas normas que cumprir. 

Botádelle un ollo ao protocolo que vos adxuntamos a continuación:

PROTOCOLO BIBLIOTECA COVID

Moito ánimo e vémonos pola biblioteca! 😄

Confinamento

O club de lectura 1º ESO libera do confinamento o día do libro


CLUB DE LECTURA BAIOLENDO 2º TRIMESTRE

Imaxes para despedirnos un curso peculiar en que os libros, unha vez máis foron unha ponte que nos permitiron salvar as distancias e lembrar o que nos fai humanos: o encontro e a palabra.



17 de maio: DÍA DAS LETRAS GALEGAS



Xa estamos ás portas da celebración do Día das Letras Galegas, déixovos aquí unha información moi interesante para conmemorar este día:
En vésperas da conmemoración do 17 de maio, a Secretaría Xeral de Política Lingüística fai públicos, a través do Portal da Lingua, os carteis e as guías premiadas no Concurso-Exposición das Letras Galegas 2020 dedicado a Ricardo Carvalho Calero. Xa se poden ver en:

Ademais destes materiais e das numerosas actuacións dos centros educativos que aparecen na sección do Día das Letras Galegas (https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas), tamén vos serán moi útiles estoutros recursos:

- as unidades didácticas elaboradas pola Associaçom Galega da Língua (AGAL), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística para divulgar a figura de Carvalho Calero entre a comunidade educativa. Dispoñedes de dúas versións (galego e portugués). Ligazón:https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2020/contido_0009.html
- a colección de 24 caricaturas de Carvalho Calero debuxadas por Siro para representar o escritor ferrolán en distintas épocas da súa vida, dende a mocidade ata a vellez. Tédelas en: https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2020/contido_0008.html.

- o proxecto As pitas baixo a choiva da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, para nenos e nenas de 3 a 12 anos, que inclúe o relato orixinal en formato conto cedido pola Editorial Embora, pezas musicais e mais a unidade didáctica. Tedes todo en: http://aspitas.gal/

- o libro lim do Seminario Galán, unha compilación de todas as actividades de educación infantil e primaria, tarefas interactivas para realizar en liña, adaptadas para alumnado con NEAE, biografías, carteis, e ata un álbum fotográfico. Están en: http://seminariogalan.org/

Así mesmo, animámosvos a participar nas seguintes iniciativas:

- Certame de Relatos Breves Feiraco, concurso convocado por esta empresa e a SXPL co fin de fomentar a creatividade literaria en galego. Debedes enviar, ata o 31 de maio, microrrelatos que comecen coa frase: “Á sombra daquel carballo centenario…”. Atoparedes as bases en: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0111/certame-relatos-breves-feiraco

- Certame Infantil de Artes Plásticas Feiraco 2020, outro concurso organizado pola entidade láctea e a SXPL, que premia obras plásticas do alumnado de 3 a 12 anos  nas que se reflictan o valor a lingua e a literatura galegas. O prazo de presentación remata o 31 de maio. Dispoñedes das bases en: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0112/certame-infantil-artes-plasticas-feiraco-2020

- Premio Literario Nortear para novos escritores de Galicia e Norte de Portugal, un certame de relatos curtos en galego ou portugués promovido pola Xunta de Galicia, a Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e mais a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal ao que poden presentarse persoas de 16 a 36 anos, nadas e/ou empadroadas en Galicia ou na Rexión Norte de Portugal. Como podedes comprobar, a data límite para entregar os textos ampliouse ata o 30 de xuño (https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/actualidade/novas/-/nova/X48527/modificanse-bases-sexta-edicion-premio-literario-nortear-para-adaptarse-limitacions). Tedes a convocatoria en:

Concurso. Imaxes para ler, ler para imaxinar

Ola a tod@s!
Desde o Equipo da Biblioteca queremos darvos as grazas por participar neste concurso para celebrar o Día do Libro desde o noso confinamento.
Ao final, como cabía de esperar pola vosa parte, había fotos moi boas e decidimos agasallar as tres mellores fotos elexidas por todos nós.
Est@s foron os gañador@s desta primeira edición de concurso fotográfico:



Claudia Lema 1º ESO



Christian Lema (3º ESO)



















Daniela González (4º ESO)

















Mención especial tamén merecen as seguintes fotos que foron moi valoradas:

Miriam Parajó (1º BACH)

Alba Mourelle (1º ESO)
Carla Mourelle (3º ESO)


Iria Dios (3º ESO)




María Calvo (2º ESO)

Michael Ramos (2º ESO)