INAUGURACIÓN DO CLUB DE LECTURA BAIOLENDO DO IES MAXIMINO ROMERO DE LEMA


    Onte venres inauguramos, un ano máis, o Club de Lectura Baiolendo do IES Maximino Romero de Lema cunha pequena festa na que nos reunimos todos os grupos que o conformamos e así crear vínculos entre todos os membros.

    Nun tempo en que os expertos alertan dos riscos da dixitalización excesiva da nosa sociedade e da educación, nada mellor que a lectura en papel para mellorar non só en hábitos lectores, senón para fortalecer a necesaria comprensión para entender o mundo no que estamos.

    A lectura permítenos, ademais, coñecer a creadoras e autores así como os universos literarios que nos regalan. Con iso, durante este curso compartiremos reflexións, aventuras e vivencias.

    Nesta xuntanza todos os grupos, dende o de 1º ESO, o de 2º e o de 3º ata o dos maiores -constituído este por alumnado de Bach, Ciclo e 4º ESO- coñeceron a súa coordinadora e recolleron cadanseu primeiro libro. (Lembremos que o Club de Lectura de Adultos xa foi inaugurado a principios de mes.)

    Unha festa literaria que incluíu uns pinchos e que rematou coa ilusión da primeira reunión sobre a lectura compartida.
















VOLUNTARI@S DA BIBLIOTECA



Desde este venres e como colofón da Semana das Bibliotecas Escolares xa contamos, oficialmente e un ano máis, cun grupo de voluntarios e voluntarias na Biblioteca.

Grazas a eles e a elas, o noso labor faise máis levadeiro e conseguimos atender mellor as vosas necesidades.

Grazas pola vosa colaboración e entrega desinteresada. 

A LIBRERÍA ITINERANTE

 

Na nosa biblioteca foron varias as actividades que se levaron a cabo ao longo da semana para celebrar o Día da Biblioteca Escolar ; entre elas queremos sinalar a visita dunha librería itinerante que encheu a entrada do noso Centro de exemplares infantís, xuvenís e de adultos de xéneros e temáticas variados, xunto con xogos educativos para todas as idades.

    Esta é unha iniciativa máis para achegar os libros, a literatura e a cultura a toda a Comunidade Educativa do IES Maximino Romero de Lema. Contou coa animada presenza de numerosas persoas interesadas na lectura que se detiñan a curiosear e a mercar algún exemplar. Unha maneira suxestiva e divertida de reforzar o interese pola lectura.











LIBROS EN INGÉS!!!

Ola a tod@s!

 


O Equipo da Biblioteca en colaboración co Departamento de Inglés pon á vosa disposición unha colección de libros en inglés, sobre todo de banda deseñada. Estes 24 libros forman parte do proxecto “Bookworms”, no que por cada libro que se devolva, obtense un cupón para recibir un agasallo sorpresa por parte do Departamento de Inglés se o alumnado fai un pequeno resumo da historia que leu e dá a súa opinión sobre o libro que escolleu. 

 

Os libros teñen un adhesivo de cor no seu canto co sistema do semáforo para diferenciar o nivel ó que están indicados: 

  • Verde: 1º e 2ºESO 
  • Amarelo:  3º e 4ºESO 
  • Vermello:  BAC.
Boa lectura!



 

A DAMA DA NOVELA NEGRA GALEGA VISITA AO ALUMNADO DE 1º BACHARELATO

O home que matou a Antía Morgade

Despois do encontro co Club de Lectura de Adultos, a quenda foi para o alumnado de 1º Bacharelato co que a autora falou de xeito máis extenso do seu proceso da escrita en xeral, e en particular daqueles aspectos da súa última publicación que quixo resaltar ou aqueles aos que o alumnado lle facía referencia a través das súas preguntas.

Comentou que neste libro quixo centrarse na culpa, en como afrontar a perda dun ser querido; tamén quería tratar o tema do abuso, do medo a denunciar por mor do xuízo social ao que se somete ás vítimas. Destacou que nesta novela o importante non é quen é o asasino, senón como todos os personaxes principais viven o medo a posibilidade de ser as súas próximas vítimas.

A novelista confesou que empezou a escribir por afección -por suposto sempre foi unha amante da lectura- e que acadou un espazo no que é totalmente libre a base de abandonar outras responsabilidades. Sinalou que o seu obxectivo como escritora é que gocemos coa lectura, que empaticemos co que lles ocorre aos personaxes.

Ao entrar no salón onde a esperaba a rapazada soou a Canción de vida y muerte de Iván Ferreiro, coa que se emocionou pois está entre as súas preferidas e cuxa temática se relaciona co libro.

Finalmente o acto rematou agradecendo de novo a súa presenza e coa sinatura de exemplares por parte do público.










A DAMA DA NOVELA NEGRA GALEGA VISITA O IES MAXIMINO ROMERO DE LEMA



  Esta tarde Arantza Portabales inaugurou os encontros literarios deste curso na Biblioteca do IES Maximino Romero de Lema cun Encontro Literario cos membros do Club de Lectura de Adultos; co que intercambiou reflexións, arredor dunha taza de café e nun ambiente moi distendido, de aspectos diversos referentes a O home que matou a Antía Morgade.

    Foron varias as sorpresas que lles tiñamos preparado á autora: na propia entrada quedou abraiada pola composición con manequíns que representaban aos principais personaxes da novela. Durante o café co Club de Lectura de Adultos encantoulle o agasallo dunha gran galleta na que estaba impresa a portada do libro.











SAMAÍN TERRORÍFICO

 Esta é a proposta que vos facemos desde a biblioteca para festexar o Samaín 👻🎃