A DAMA DA NOVELA NEGRA GALEGA VISITA O IES MAXIMINO ROMERO DE LEMA



  Esta tarde Arantza Portabales inaugurou os encontros literarios deste curso na Biblioteca do IES Maximino Romero de Lema cun Encontro Literario cos membros do Club de Lectura de Adultos; co que intercambiou reflexións, arredor dunha taza de café e nun ambiente moi distendido, de aspectos diversos referentes a O home que matou a Antía Morgade.

    Foron varias as sorpresas que lles tiñamos preparado á autora: na propia entrada quedou abraiada pola composición con manequíns que representaban aos principais personaxes da novela. Durante o café co Club de Lectura de Adultos encantoulle o agasallo dunha gran galleta na que estaba impresa a portada do libro.