Na nosa biblioteca foron varias as actividades que se levaron a cabo ao longo da semana para celebrar o Día da Biblioteca Escolar ; entre elas queremos sinalar a visita dunha librería itinerante que encheu a entrada do noso Centro de exemplares infantís, xuvenís e de adultos de xéneros e temáticas variados, xunto con xogos educativos para todas as idades.
Esta é unha iniciativa máis para achegar os libros, a literatura e a cultura a toda a Comunidade Educativa do IES Maximino Romero de Lema. Contou coa animada presenza de numerosas persoas interesadas na lectura que se detiñan a curiosear e a mercar algún exemplar. Unha maneira suxestiva e divertida de reforzar o interese pola lectura.