Onte venres inauguramos, un ano máis, o Club de Lectura Baiolendo do IES Maximino Romero de Lema cunha pequena festa na que nos reunimos todos os grupos que o conformamos e así crear vínculos entre todos os membros.
Nun tempo en que os expertos alertan dos riscos da dixitalización excesiva da nosa sociedade e da educación, nada mellor que a lectura en papel para mellorar non só en hábitos lectores, senón para fortalecer a necesaria comprensión para entender o mundo no que estamos.
A lectura permítenos, ademais, coñecer a creadoras e autores así como os universos literarios que nos regalan. Con iso, durante este curso compartiremos reflexións, aventuras e vivencias.
Nesta xuntanza todos os grupos, dende o de 1º ESO, o de 2º e o de 3º ata o dos maiores -constituído este por alumnado de Bach, Ciclo e 4º ESO- coñeceron a súa coordinadora e recolleron cadanseu primeiro libro. (Lembremos que o Club de Lectura de Adultos xa foi inaugurado a principios de mes.)
Unha festa literaria que incluíu uns pinchos e que rematou coa ilusión da primeira reunión sobre a lectura compartida.