O 30 de xaneiro celébrase o día da paz e o alumnado do IES Maximino Romero de Lema escribiu cadansúa mensaxe neste precioso mural.
Un mundo cheo de mans unidas!
O 30 de xaneiro celébrase o día da paz e o alumnado do IES Maximino Romero de Lema escribiu cadansúa mensaxe neste precioso mural.
Un mundo cheo de mans unidas!
Pronto comezaremos a desenvolver de novo o fío musical do noso instituto 😁
Dende a biblioteca, cada dúas semanas escolleremos catro cancións de música en galego que soarán na entrada, na saída e nos recreos 🎧𝄞𝄞
Ademais, para saber que música estamos a escoitar publicaremos nun dos taboleiros da biblioteca e no noso Blog a información dos discos e das cancións que nos acompañarán durante o periodo de dúas semanas 👀
A gañadora da 77ª edición do Premio Nadal foi a escritora Najat el Hachmi pola súa novela El lunes nos querrán, un relato da busca da liberdade por parte de dúas mulleres que medran nun barrio que condiciona as súas vidas e se lles pon todo en contra para alcanzar os seus soños.
Un ano máis, Baiolendo remata o 1º trimestre compartindo as opinións e impresións das súas lecturas. Desta vez, por mor da COVID-19, non puidemos facer a reunión conxunta ao redor dun ágape con todos os membros dos distintos grupos, pero si queremos facervos a achega dos libros que lemos: Mamá, quero ser Ziggi Stardust, de Iria Misa (1º da ESO), O que eu creo (de todo), de Jordi Sierra i Fabra (3º da ESO), Nubes de evolución, de Andrea Maceiras (4º da ESO), Segredos no solpor, de Iria Misa (4º da ESO) e Senlleiras, de Antía Yáñez (1º de bacharelato).
Bo fin de trimestre e bo comezo de ano!!!
Presentamos as novidades sobre lectura inclusiva que acaban de chegar a nosa biblioteca.
Hai sobre temáticas variadas e de todos os tipos: novelas, poesía, cómics..
Botádelle un ollo a estes vídeos no que se amosan os títulos!
Están esperando a que veñades por eles para ler no Nadal 😃
LECTURAS INCLUSIVAS DIFERENTES TEMÁTICAS