BAIOLENDO COMEZA UNHA NOVA ANDAINA!!!

 O Club de Lectura Baiolendo comeza unha nova andaina neste curso baixo a sombra da COVID-19; estamos moi ilusionados e á vez espectantes ante a evolución desta situación inquietante. Cremos que gardando as normas do protocolo poderemos compartir nas reunións as riquezas que as lecturas nos van brindar. Desexamos que gocedes coa lectura nesta nova viaxe literaria. 

Estamos impacientes por compartir con vós as divertidas e amenas lecturas que seguro van ser do voso interese.




XA CHEGOU O SAMAÍN AO IES MAXIMINO ROMERO DE LEMA!!

 Ao remate deste mes de outubro, en concreto, a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, celébrase o Samaín e dende o Equipo da Biblioteca organizamos un "Concurso de chíos de terror". A continuación deixamos explicadas as bases no seguinte documento:

Animámosvos a participar, tedes de prazo ata o martes, 3 de novembro!!😉

Deixamos por aquí algunha fotiño de como decoramos a biblioteca, vide visitala que hai máis sorpresas...





 

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 Outra das actividades que o Equipo da Biblioteca levou a cabo o venres 23, aproveitando a conmemoración do Día das  Bibliotecas escolares, foi a entrega de premios dos concursos de lectura e de imaxes que se fixeron o curso pasado. Debido ás circunstancias nas que nos atopamos, os gañadores non puideron recibir os seus agasallos presencialmente ao remate do curso, polo que dende o Equipo da Biblioteca decidimos esta fecha para facer a súa entrega.

No seguinte documento aparecen os premiados e as fotografías do Concurso de fotografías: Imaxes para ler, ler para imaxinar

A continuación deixamos algunhas fotos dos premiados e premiadas recibindo os seus agasallos!😉



















NORABOA A TODOS OS GAÑADORES E GAÑADORAS!!

Por outra banda, Claudia Lema proclamouse gañadora do concurso de lectura Nós lemos en galego, e ti? organizado dende o Equipo da Biblioteca xunto coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Esta alumna chegou a ler até unha vintena de libros durante o curso escolar, feito polo que o venres foi premiada por partida dobre.


Na seguinte imaxe podemos ver como Claudia xa estrenou o seu Ex libris! 


NORABOA CLAUDIA! A SEGUIR LENDO!



24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

    O venres 23 de outubro no IES Maximino Romero de Lema celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS. 

Dende o Equipo da Biblioteca aproveitamos a ocasión para levar a cabo a formación dos novos usuarios, en especial dos de 1º ESO, que dadas as circunstancias actuais se tivo que facer en varias quendas. 


ENCONTRO CON HÉCTOR POSE

Este xoves, 8 de outubro, tivemos a sorte no IES Maximino Romero de Lema de contar coa presenza do profesor universitario e escritor Héctor Pose,convidado polo Equipo da Biblioteca, no marco das actividades desenvolvidas arredor da exposición Boix, o fotógrafo do horror.  

No acto, presentado pola nosa compañeira Elisa Franco, Héctor Pose narrou o periplo vital de tres malpicáns que, fuxindo da represión da posguerra española, remataron internados no campo de concentración Mauthausen, recollido no seu libro  Aquela xente digna.

O autor contou, de xeito conmovedor e moi pedagóxico, o que supuxo a terrible experiencia desta persoas que se viron na obriga de exiliarse en barco de Malpica para escapar dunha morte probable pola súa militancia política. Soubo manter a tensión e emocionar o alumnado que ía poñendo nome ás fotografías de Boix, permitíndonos así poñer en contexto as imaxes.

        Nuns días a exposición Boix, o fotógrafo do horror, marchará con destino ao Mediterráneo pero non sen antes deixar na Comunidade Educativa do IES Maximino Romero de Lema unha profunda reflexión sobre o que supuxo o contexto bélico da Guerra Civil Española e da Segunda Guerra Mundial, fondamente interrelacionadas e que permiten afondar no que nos debe definir aos seres como humanos.