Día da poesía: Caligramas
O 21 de marzo a Biblioteca en colaboración co Departamento de Relixión fixo unha exposidión de caligramas para conmemorar este día. Aquí vos deixamos unha pequena mostra das obras do alumnado.
Así foi o noso encontro con Jordi Sierra i Fabra
O
26 de febreiro foi un día moi especial para a nosa comunidade educativa
e a do colexio de Zas, pois tivo lugar o Encontro Literario co escritor
Jordi Sierra i Fabra. Non esqueceremos facilmente a unha persoa con
tanto carisma. Se os seus libros deixan pouso nos nosos alumnos, as súas
palabras non deixan menos, pola súa cercanía, empatía, vitalidade e
paixón polo seu traballo. Conseguiu captar a atención de todos nós,
contando experiencias persoais que o marcaron de neno e, o máis
salientable, dando auténticas leccións de vida que poderiamos resumir en
tres frases: “Loita polos teus soños”, “cre en ti” e “lede, o que sexa,
pero lede”.
ENGAIOLADORES XEOMÉTRICOS
Os profesores dos Departamentos de Matemáticas e de Física e Química desenvolveron co alumnado de 2º da ESO, un obradoiro de kirigami no que "engaiolaron" os seus versos.
A cea
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





























