O segundo libro que lemos no Club de Lectura de 2º ESO foi I'Obélix de Raquel Fernández, unha lectura que nos cativou desde o primeiro momento pola súa dureza, e porque nos vimos reflectidos en moitos dos nosos comportamentos. Tod@s coincidimos en que é un libro que os adolescentes debiamos ler e relexionar sobre os nosos comportamentos, unhas veces pasivos e outras activos, e empezar a reaccionar xa desde o principio, cando vemos que pode haber indicios de acoso.
Manifestamos o noso rexeitamento a estas formas de actuar e agradecemos a Raquel esta obra literaria que nos abriu os ollos en moitos sentidos. O 30 de abril, tivemos a sorte de coñecela en persoa, nun encontro literario que tivo no noso Centro. Aproveitamos a ocasións para compartir impresións e opinións sobre o libro e sobre os comportamentos que observamos na nosa contorna.
Claramente dicimos: NÓS SOMOS EMPÁTICOS, esa é a nosa resposta ante o acoso escolar, ante @s compañeir@s que sofren este tipo de trato.
Sen dúbida foi un libro que deixou pegada en tod@s nós, que esperemos que sexa indeleble.