CENTENARIO DE ENRIQUE LABARTA POSE


 

A Biblioteca do IES Maximino Romero de Lema participou hoxe na conmemoración a Labarta Pose que o Concello de Zas organizou co motivo do centenario do seu pasamento. O alumnado de 1º e 2º ESO representou ao noso Centro no acto ao que acudiron tamén escolares do colexio Labarta Pose e do CPI de Zas, así como persoeiros da comarca e representantes da RAG, do Museo do Pobo Galego e do Consello da Cultura Galega.

Na praza Jorge Mira Pérez de Baio, descubriuse un monumento conmemorativo, recitouse o poema “Que me enterren aló”, e realizouse un acto simbólico do seu enterro cunha ofrenda floral na que participou alumnado dos centros educativos do municipio.

Con esta homenaxe e co roteiro literario polos espazos biográficos e literarios en Baio do xornalista, fotógrafo e escritor, que realizaremos o vindeiro xoves e que será conducido por Ricardo Vigueret, queremos divulgar, durante a XIX Semana Cultural que estamos a celebrar durante estes días no Centro, a figura do autor co fin de que sexa homenaxeado no Día das Letras Galegas.

Unha vez rematado o acto, regresamos dando un agradable paseo xunto ao río para gozar de máis actividades programadas para o día de hoxe dentro da Semana Cultural.