Na Biblioteca conmemoramos o Día Internacional da Muller cun obradoiro no que
alumnado de 1o ESO tivo que deseñar camisetas con arte e mensaxes inspiradoras.
A encargada de desenvolver a proposta didáctica foi Eva que acompañou a rapazas e
rapaces no proceso, explicando o obxectivo do taller, diferentes técnicas de pintura téxtil para
que lle deran un toque especial á súa creación e, animándoos a personalizar a súa camiseta con
deseños creativos e únicos.
Moitas grazas a Eva pola túa dedicación e ao CIM do Concello de Zas por achegarnos
esta interesante actividade que permite visibilizar o feminino e a loita pola igualdade, á vez que
amosar a creatividade e orixinalidade dos e das participantes.