CONTOS GRINGOS

 

    O segundo libro do club de lectura de 1º de Bacharelato foi Contos gringos de Lara Dopazo Ruibal. Os membros do Club de Lectura comentaron que foi un libro que lles sorprendeu porque se trata dun conxunto de 13 contos cun final aberto. 

    Dicían tamén que non estaban acostumados  a este tipo de historias, pero que lles gustou poder imaxinar cada un o seu final. 

    Isto tamén nos permitiu intercambiar os nosos puntos de vista sobre cada conto e ver que moitas veces os nosos finais non coincidían.