O Equipo da Biblioteca organizou a visita á representación teatral de O meu camiño, grupo de teatro Avoas de Laxe dentro das actividades desenvolvidas con motivo do 25N, que tivo lugar hoxe ante gran parte do alumnado do IES Maximino Romero de Lema.
O reparto intégrano na súa maioría mulleres -só hai dous actores- e están dirixidos por
Matillde Montáns e Loli Toja, esta última autora do texto orixinal.
O meu camiño é unha obra composta por 6 pezas breves nas que se denuncian
actitudes machistas da vida cotiá (As mulleres deben ser guapas, sen carácter e submisas; só se sentirán realizadas se teñen fillos; deben saber cociñar.... ).
Todo aderezado con moito humor e retranca que fixo rir ao público asistente, pero que
tamén invita á reflexión para que sexamos quen de transformar a sociedade e facela máis
igualitaria.
En resumo unha obra de empoderamento feminino que contribúe a liberarnos da
violencia de xénero. De feito a peza teatral finaliza cunha lembranza de todas as mulleres que
asasinaron este ano e coa reivindicación expresa da erradicación da violencia de xénero.
Felicitacións ao elenco de actrices e actores pola excelente interpretación e, en
especial, á Carmencita, que forma parte da nosa Comunidade Educativa.