Comezábamos no mes pasado este proxecto que ten como obxectivo reducir a pegada ecolóxica no contexto do consumo de alimentos; isto é, diminuír o impacto ambiental de producir, procesar, transportar e consumir alimentos. Un xeito de acadar a pegada 0 é consumir produtos de proximidade, tamén coñecidos como alimentos locais.
Cada mes expoñemos unha mostra no corredor do Centro na que propoñemos aqueles alimentos de proximidade característicos, xunto cunha pílula informativa dos beneficios de consumilos. Hoxe comezamos coa primeira.
Redución das emisións de carbono: Os alimentos locais consúmense na súa área de orixe polo que non requiren longos transportes e reducen bastante a pegada de carbono asociada ao transporte. Os alimentos que viaxan grandes distancias, especialmente avións ou camións, teñen unha pegada de carbono moito maior debido ao combustible utilizado.