O Club de Lectura de Adultos, reunímonos ao redor da nosa poetisa Rosalía de Castro para rememorar o seu día, que foi o pasado 23 de febreiro. Grazas Rosalía polo teu legado.
A continuación, na Biblioteca conversamos ao redor da novela da escritora francesa Delphine de Vigan, As gratitudes.
Unha conmovedora novela que nos convida a reflexionar sobre a vellez, a dependencia, a angustia, a deterioración imparable, a empatía e que nos invita a pensar sobre a nosa vida.
Un libro moi emotivo, que te fai reflexionar, sobre todo do que ninguén vai escapar: a vellez, do importante que é ser agradecido, agradecer a todas as persoas que foron e son importantes nas nosas vidas.
Son os agradecementos os que unen aos tres personaxes (Michka, Marie e Jérôme) cuxas historias se entrelazan nesta deslumbrante novela e que por suposto aconséllamos ler.