BAIOLENDO FORTALECE A RELACIÓN DE PERTENZA AO CLUB
DE LECTURA
O
club de lectura do noso Centro é unha constelación de diversos
grupos organizados para ler e comentar libros, para brindar un espazo
enriquecedor de reflexión e o diálogo, e para desenvolver relacións
interpersoais entre os seus integrantes a partir dunha paixón común:
a lectura.
Este
derradeiro motivo foi o que nos levou a inaugurar o club de lectura
do curso que comeza, cunha saída fóra do espazo escolar para que os
seus membros se coñecesen polos seus nomes, creasen ou reforzasen
relacións de amizade e desenvolvesen unha relación de pertenza a
Baiolendo.
E cremos que o conseguimos!
Viaxamos
ata a Illa da Toxa na que visitamos a ermida de San Caralampio e
atravesamos os fermosos xardíns que a rodean para tomar un barco no
que sucamos a Ría de Arousa e no que revelamos quen ía dinamizar
cada un dos grupos do club de lectura. Tamén observamos os fondos
mariños e achegámonos ás bateas de mexillóns, ostras e vieiras
nas que, mentres viamos os barcos faenando, nos explicaron o seu
funcionamento. E todo isto degustando mexillóns a fartar
acompañados de refrescos e mesmo bailando ao son da alegre música
que amenizou a excursión marítima.
De
volta a terra firme dirixímonos cara á Aldea dos Grobits, un
orixinal parque no que todos e todas puidemos gozar e onde tivemos tempo para disfrutar duns xogos populares. Finalmente fomos
comer ao Grove e despois dun paseo polo porto no que participamos do
ambiente festivo da Feira do Marisco demos por finalizada a
excursión.
Un
día para a lembranza, para os descubrimentos culturais, para as
conexións humanas que se establecen a través da lectura e para
embarcármonos na emocionante aventura de ler un ano máis.