O club de lectura de 3º e 4º de ESO non puido comezar de mellor maneira este curso. Para a nosa primeira xuntanza, a obra elixida foi «A afogada», da escritora ceense Rocío Leira, e a experiencia resultou ser un éxito absoluto.
Por que nos atrapou? A trama policial, ambientada na Costa da Morte, mantívonos intrigados dende a primeira páxina,sentimos os escenarios moi próximos.
Conectamos axiña coas súas motivacións e segredos e a xuntanza para poñer en común as nosas impresións foi un fervedoiro de ideas. Pasamos o tempo teorizando sobre os sospeitosos, analizando o final e debatendo sobre os temas máis escuros que agocha a novela.
O mellor de todo foi ver como un libro é capaz de xerar tanta conversa, risas e opinións contrastadas entre nós.Sen dúbida, «A afogada» deixou o listón moi alto para as vindeiras lecturas.
