Hoxe estiveron na nosa Biblioteca Fina Paulos e Óscar Rei, profesores do Departamento de Informática do noso Centro, e presentaron ante o alumnado de 4o ESO e 1o CM Intelixencia Artificial para a Sociedade, “o primeiro libro en galego sobre esta temática” -comentou Óscar.
Dámoslle a benvida a este libro formativo sobre IA xa que somos conscientes de que o alumnado debe familiarizarse coas oportunidades e desafíos que presentan as intelixencias artificiais, especialmente no que respecta á súa integración nas distintas áreas do coñecemento e da vida cotiá.
Óscar e Fina explicaron algunhas das ferramentas de IA que alumnos e alumnas poden empregar para mellorar a súa formación: xerar exercicios das distintas materias para practicar, crear imaxes, cancións de poemas, colorear ou reparar fotos en mal estado, animar fotos....
Agora ben, como destacaron os relatores, a utilización destas ferramentas de IA pode ser un aliado, pero nunca debemos esquecer as súas implicación éticas que supón un uso incorrecto das mesmas.
Agradecémoslles a Fina e a Óscar que nos fixesen partícipes desta novidade bibliográfica.