CLUB DE LECTURA DE 3º DA ESO

 O Club de Lectura de 3º da ESO clausura este curso coa lectura do libro Un elefante na sala de estar, de Berta Dávila. Gozamos moito con esta lectura pola sencillez e naturalidade coa que se narraban os sentimentos tan profundos compartidos polos personaxes do libro ante unha situación traumática que pon en revolución todo o mundo interior da persoa.