Visita á exposición fotográfica de Peter Lindbergh e ao teatro da Coruña

Dende a Biblioteca organizamos estas dúas actividades para o alumnado de Latín e Literatura Universal de 1º de Bacharelato, de Latín de 4º da ESO, xunto con compañeiros/as de 3º ESO e 1º FPB .

Comezaron cunha visita guiada da exposición fotográfica de Peter Lindbergh, integrada por máis de 150 imaxes tomadas polo artista durante a súa carreira como fotógrafo de moda, e que deixou impresionados a todos e a todas.

A continuación asistiron no Teatro Colón á representación da obra teatral clásica de Eurípides na que se conta a historia da raíña troiana Hécuba. Actividade que se enmarca no Festival de teatro grecolatino  Lugo - A Coruña 2022 organizado pola Sección galega da Sociedade española de Estudos Clásico (SEECGalicia).

E... aínda houbo tempo de tomar un “piscolabis” na rúa Real do centro da cidade. Gozaron pois dunha mañá diferente, pero proveitosa en cultura.

Na confianza de que pouco a pouco se vai normalizando a situación, seguiremos traballando para realizar visitas fóra do Centro que tan necesarias son para complementar a formación do noso alumnado.