CONFERENCIA DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

                    NA BIBLIOTECA APOIAMOS A CIENCIA EN FEMININO

Dende a biblioteca organizamos co motivo do 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia,unha conferencia para o alumnado de 1º de Bacharelato que foi impartida por Gemma López Rojoenxeñeira de Camiños, Canais e Portos, e investigadora dCentro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil(CITEEC ) 


Comezou a súa charla contando a súa experiencia persoal e lembrando os referentes femininos que lle axudaron a chegar a onde está; a continuación centrouse no seu campo de investigación: o mundo formigón e da construción sostible.

 

Sabiades que o formigón é o material máis empregado no mundo despois da augaPois si, de aí a importancia de realizar estudos para obter formigón de calidade que non contamine. A científica explicou como crear formigóns seguros a través da reciclaxe, entre outros, de construcións e demoliciónsde determinados residuos industriais, das caixas de poliespan nas que se transporta o peixe fresco ou das cunchas de mexillóns -lembremos que Galicia produce unhas 250.000 toneladas ao ano-.


Á vez que amosaba fotos dos distintos formigóns obtidossinalaba as diferentes propiedades que presentaban segundo os compoñentes utilizados e, mesmo nos sorprendeu cunha foto dunha pequena construción realizada con formigón que contiña cunchas de mexillóns.


Como sinalou a investigadora é necesario conseguir un xeito de vida sustentable, aquel que permita cubrir as nosas necesidades sen prexudicar ás xeracións que veñen atrás. Por iso hai que seguir investigando na procura de novos recursos reciclando os residuos para seguir producindo nun sistema de economía circular.


Resultou unha charla moi interesante, sorprendentepedagóxica e que permitiu que a Biblioteca sexa unha vez máis unha fonte de aprendizaxe científica a así conseguir ser un piar fundamental no proxecto educativo do centro.