Visita á exposición fotográfica de Peter Lindbergh e ao teatro da Coruña

Dende a Biblioteca organizamos estas dúas actividades para o alumnado de Latín e Literatura Universal de 1º de Bacharelato, de Latín de 4º da ESO, xunto con compañeiros/as de 3º ESO e 1º FPB .

Comezaron cunha visita guiada da exposición fotográfica de Peter Lindbergh, integrada por máis de 150 imaxes tomadas polo artista durante a súa carreira como fotógrafo de moda, e que deixou impresionados a todos e a todas.

A continuación asistiron no Teatro Colón á representación da obra teatral clásica de Eurípides na que se conta a historia da raíña troiana Hécuba. Actividade que se enmarca no Festival de teatro grecolatino  Lugo - A Coruña 2022 organizado pola Sección galega da Sociedade española de Estudos Clásico (SEECGalicia).

E... aínda houbo tempo de tomar un “piscolabis” na rúa Real do centro da cidade. Gozaron pois dunha mañá diferente, pero proveitosa en cultura.

Na confianza de que pouco a pouco se vai normalizando a situación, seguiremos traballando para realizar visitas fóra do Centro que tan necesarias son para complementar a formación do noso alumnado.










FÍO MUSICAL FEBREIRO

 

FEBREIRO

Entrada da mañá: Negra sombra, Luz Casal e Carlos

Núñez

1º recreo: Averno, de Tanxugueiras e Rayden

2º recreo: O Pirimpimpín, de Malvela

Entrada da tarde: A xustiza pola man, de Os Resentidos

RECUNCHO REFRANEIRO MES DE FEBREIRO

 


DÍA DE CASTELAO

 Hoxe cúmprese o 136 aniversario do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, e no noso centro conmemoramos esta data cunha exposición das súas obras máis célebres.






1º da ESO e A Señorita Bubble ,

 Comezamos o novo ano coa lectura de A Señorita Bubble de Ledicia Costas. Cando se repartiron os libros a coordinadora asignoulles aos membros do Club de Lectura candaseu personaxe e pediulles que lesen o libro identificándose con el. a experiencia foi enriquecedora, pois cadaquén ía comentando o libro desde o punto de vista do personaxe que lles tocara, aínda que non sempre se identificase con el. As reunións foron moi participativas e enriquecedoras polas distintas opinións vertidas. Como actividade complementaria, acordamos en facer unha "réplica"do gato Nefertiti, porque desde o principio nos encadilou, e ademais, recreamos o personaxe da Señorina Bubble, como podedes observar na fotografía.


Foi este un libro que os entusiasmou tanto, que rogaron ler a segunda parte, e por suposto, así o fixemos.





PULSEIRAS DO DÍA DA PAZ

 O 30 de xaneiro é o Día da Paz, e no noso instituto celebrámolo hoxe. Dende a Biblioteca entregamos a toda a comunidade educativa unha pulseira blanca para conmemorar esta data.




30 DE XANEIRO: MURAL DO DÍA DA PAZ

 O 30 de xaneiro é o Día da Paz e no noso centro celebrámolo este venres. 

Dende a Biblioteca, para conmemorar esta data, o alumnado voluntario estivo elaborando ao longo deste mes, un mural no que se poden ver algúns dos gañador@s máis recentes dos premios Nobel da Paz. Ademais, a través dos códigos QR impresos no mural, poden acceder a información relevante de cada un deles. Por outra banda, nas outras pezas de puzle que compoñen o mural, aparecen escritas a palabra paz en diferentes idiomas.

Foi un gran traballo!