O escritor Manuel Núñez Singala mantivo hoxe unha conversa co Club de Lectura de Adultos, dentro dos encontros para celebrar o Mes do Libro, arredor da súa obra Instrucións para tomar café, na que compartiu cos participantes non só os detalles e curiosidades desta colección de relatos curtos e microrrelatos, senón tamén a súa particular maneira de escribir. Durante o encontro, explicou como concibe cada texto desde a precisión e o coidado absoluto pola linguaxe, pensando ao detalle cada palabra, cada xiro e cada matiz, nun proceso creativo no que nada queda ao azar. Esta forma de traballar reflíctese nunha obra que combina retranca, poética e humor intelixente. A actividade permitiu aos asistentes reflexionar sobre a identidade dos galegos e galegas ao mesmo tempo que gozaban dunha lectura amena e sorprendente.
O libro estrutúrase en catro bloques: Libro de reclamacións, Libro de
