A SEMANA CULTURAL DO NOSO INSTITUTO

 A Semana Cultural do noso centro celebrouse entre o 18 e o 20 de maio e dende a Biblioteca organizamos algunhas actividades para celebrala entre as que se atopaban o cine, a poesía e a fotografía.

                         FOTOGRAFÍA: UNHA ARTE NA RÚA 

 Nesta ocasión alumnado de 1º Bacharelato A tivo a oportunidade de visionar o tan premiado e formidable filme Cara e Lugares realizado en colaboración entre a veterana directora Agnès Varda e o artista gráfico urbano e fotógrafo Jene René, coñecido polas súas impactantes obras visuais en rúas e tellados de diversas cidades de todo o mundo. Imaxinas ver unha foto túa na fachada da túa casa ou nun inmenso muro de teu barrio? Pois neste documental se amosa a arte da rúa e, directora e artista emprenden unha viaxe para inmortalizar os esquecidos con fotografías enormes. Máis que unha mera decoración estas obras buscan facerlle unha homenaxe a xente común. Un filme entrañable, engaiolante, a veces divertido, a veces melancólico que deixou ao alumnado cun sorriso no rostro.







DORES TEMBRÁS : POESÍA E NATUREZA


Dende a Biblioteca organizamos tamén para a Semana Cultural o obradoiro Poesía e Natureza impartido pola poeta e investigadora Dores Tembrás e dirixido ao alumnado de 1º de ESO.

A poeta, baixo a sombra das árbores do xardín, transmitiulle ao alumnado o seu entusiasmo pola palabra e profundou no concepto de poesía e dos segredos do mecanismo do poema. Despois de recitarlles algúns poemas, foi a quenda dos rapaces e das rapaces que crearon as súa propias composicións guiados/as polas verbas da autora e relacionados coa natureza da que gozaban.



FOTOGRAFÍA PAISAXÍSTICA

O alumnado de 1º de ESO participou o primeiro día da Semana Cultural nun obradoiro de Iniciación á fotografía paisaxística impartido polo cormelán Andrés García, máis coñecido por Drew Korme e gañador do certame internacional Milky Way Contest da web 35 Awards grazas a unha imaxe da Vía Láctea sobre o faro Roncudo e enriba da máxica Mar de Ardora.

Iniciaron o obradoiro cunha andaina pola fermosa paisaxe que hai desde o Centro ata a Carballeira de Baio; polo camiño xa lles foi ensinando diferentes técnicas de fotografía e como potenciar o uso do teléfono móbil para realizar fotos tan excelentes como se fosen tiradas cunha cámara fotográfica.

Centrouse nas seguintes técnicas importantes para a realización dun retrato paisaxístico: a regra dos 3 terzos, a técnica do macro e a do enfoque próximo á natureza. Tamén lles comentou que non deberían usar o modo automático, que tiñan que aprender a usar a intensidade e iluminación do móbil.

Despois da explicación de cada técnica, o alumnado contaba con quince minutos aproximadamente para poñela en práctica e preguntar dúbidas. Rapaces e rapazas quedaron entusiasmados/as co obradoiro e coas nocións aprendidas durante o mesmo e que levarán á práctica sempre que saquen unha foto.


















CLUB DE LECTURA DE 1º DE BACHARELATO E CICLO MEDIO I

 O Club de Lectura de 1º de Bacharelato e Ciclo Medio I acabou de ler o libro Golpes de Luz, de Ledicia Costas, historia que lles fixo rir ata fartar coas ocorrencias da avoa Luz e os poderes do seu martelo. Desde aquí vos convidamos a que o leades, pasarades uns momentos moi divertidos ao mesmo tempo que desentrañades a trama desta curiosa familia.



DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Feliz Día das Letras Galegas 

Este ano, o 17 de maio está adicado a Florencio Delgado e parte do alumnado de FP Básica I realizou este libro de lapelas sobre a vida do homenaxeado. 
Esta actividade está dispoñible na páxina de http://seminariogalan.org
Aquí vos amosamos este vídeo coa actividade realizada.










CLUB DE LECTURA 4º DA ESO

 Con esta novela finalizamos o club de lectura deste curso. Relata a historia dun periodista que foi enviado a cubrir unha guerra. Alí coñece ao seu “lazarillo”, un neno que lle axuda a sobrevivir nese ambiente hostil. É un libro de reflexión, que os atrapou dende o primeiro momento, e a través do cal puideron ver similitudes coa actual guerra que está acontecendo en Ucraína.




FP BÁSICA. Identidade

 O alumnado de FP Básica leu o libro de Identade, de Nee Barros




FÍO MUSICAL MAIO

 MAIO

Entrada da mañá: O Baile de Noró, de Xabier Díaz

1º recreo: A fala do Manuel, de Carapaus

2º recreo: Rebola, de A Requinta da Laxeira

Entrada da tarde: Pasodobles de Mallou e

Negreira, de Lume

RECEITA GAÑADORA CONCURSO COCIÑA SAUDABLE


Xa temas á gañadora do concurso de fotografía de Cociña Saudable encadrada dentro do Programa Contrato Programa Innova de Fotografía que se está a desenvolver no Centro:  Mª del Carmen Cousillas Barcia, quen nos presentou unha receita de cabaciños recheos de verduras. 

Os que probamos a facer este prato tan exquisito, non dubidamos en repetilo, con el conquistamos aos nosos comensais. 





Receita:

Cortamos os cabaciños a mitade, sacamoslle con culler a Carne do cabaciño deixando  un pequeno borde para que non rompa e poñemos no forno a 100 grados ate que esté o dente.  Facemos un pisto con cebola, porro, pemento vermello e verde, a carne do cabaciño, cenoria e berenxena. Añadimos un pouco de tomate concentrado e rematamos cun chorro de leite de coco. Rechéanse os cabaciños co pisto e espolvoreamos con mozarella raiada, prequentamos o forno a 170 grados e poñemos os cabaciños durante máis ou menos 10’ ou ata opter a cor desexada.

ESTÁ RIQUÍSIMA!!!


O mellor xeito que temos de agradecerte esta receita que con nós compartiches é regalándoche esta pequena cesta con produtos saudables da nosa terra.