DÍA DA PAZ

O venres 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz no ámbito educativo e, con tal motivo, o alumnado da materia de Relixión, guiado pola súa profesora, elaborou unha grande pomba de cartón forrada con flores brancas de papel tamén elaboradas polo propio alumnado. No reverso escribiron tódolos nomes dos membros da comunidade educativa do centro.

Para completar o decorado do corredor da biblioteca, o alumnado de 1º e 2º de ESO participou no concurso de decoración de pombas da paz, do cal resultou gañadora Noa Rama de 1º de ESO cunha proposta moi orixinal e laboriosa.