25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 A violencia de xénero segue a ser unha das violaciones dos dereitos humanos máis extendidos e xeneralizados do mundo. Calcúlase que, a nivel global, case unha de cada tres mulleres foron vítimas de violencia física e/ou sexual a lo menos unha vez na súa vida.

Trátase dunha lacra que se intensificou en diferentes entornos, pero este ano a campaña do Día contra a Violencia de Xénero céntrase nun en especial: o dixital. Este ano, o tema é ÚNETE para poner fin a la violencia digital contra las mujeres y las niñas. A violencia contra a muller nas plataformas en liña é, a día de hoxe, unha seria e rápida ameaza que pretende silenciar as voces de moitas mulleres, especialmente aquelas cunha alta presenza pública e dixital en certos ámbitos como a política, o activismo ou o periodismo.
É unha forma de violencia en aumento debido á débil regulación tecnolóxica, unha falta de recoñecemento legal deste tipo de agresións nalgúns países, a impunidade das plataformas, as novas e rápidas formas de abuso coa IA, os movementos contrarios á igualdade de xénero, o anonimato dos agresores e o escaso apoio ás vítimas dixitais.
NO NOSO CENTRO AO LONGO DE TODO O DÍA FIXEMOS VARIAS ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O 25N
- O alumnado de 2º de ESO participou no obradoiro “Cambia a letra, escoita en igualdade” en colaboración co Concello de Zas.
- O alumnado de 1º e 3º de ESO participou nunha charla-contos arredor da igualdade titulada MICROMACHISTA EU???, impartida por Caxoto e que tivemos grazas á ANPA do centro.
- Proxectouse a curta elaborada pola alumna Sabela Nogueira Imia de 4º da ESO e que trata dunha rapaza a que lle falece a nai por motivos relacionados coa violencia de xénero. Ela, na súa memoria, fai un café e prepara dúas tazas, unha para a propia nena, a protagonista, e a seguinte para a falecida. Vese como a rapaza intenta tomar o café, soa. Pero non pode pola angustia que lle xera perder a súa nai.
Búscase transmitir a penuria que sofren os familiares das vítimas, a modo de concienciación coa gravidade da situación. Do sufrimiento que viven as familias que quedan baleiras, e que a canda elas, as vítimas, deixan de vivir.
Pódese ver a curta no seguinte enlace: https://youtu.be/nqD2E23Jy6w
-Toda a Comunidade Educativa asistiu á lectura do manifesto elaborado pola alumna de 4º de ESO Sabela Nogueira e gardou un minuto de silencio para lembrar a todas as vítimas da violencia de xénero.
MANIFESTO 25 N
Hoxe non viñemos dicir o que xa sabedes.
Non viñemos a repetir frases bonitas que todos aplaudimos e olvidamos ao saír. Hai verdades que ninguén di en voz alta,
as verdades incomodas, as da vergoña, as que doen.
A violencia machista en España non empeza cando aparece nas noticias, empeza moito antes. Empeza nos corredores de centros, nas bromas que non van en serio, pero doen. No “non esaxeres”, dentro dos “foi ela quen so buscou”. No silencio dos que ven e calan, no silencio dos que escoitan, e non actúan.
En España, unhas 1334 mulleres foron asasinadas por violencia machista dende que existen rexistros oficiais, 39 neste ano.
Ese número non cabe nesta frase, Non cabe na nosa cabeza.
Pero todas elas tiñan unha vida, unha historia, unha voz… e alguén decidiu que non merecían seguir neste mundo. Non vou dicir os seus nomes;
non porque non importen, senón porque fixemos algo peor con moitas delas, olvidámolas.
Había unha muller, 36 anos, nun pobo calquera, asasinada diante dos seus fillos pequenos. O pobo gardou silencio un día,
o seguinte volverón os bos días, a vida coma se nada.
Había unha rapaza, 17 anos, estudante, que nunca chegou a súa clase, porque a controlaban, a ameazaban, a illaban…
Pero ninguén o viu como violencia, ata que xa non había nada que ver.
Había outra muller, 52 anos, que pediu axuda; seis veces. Seis.
A última delas dixo “teño medo de non chegar a mañá”. Tiña razón.
Estes son casos reais, non son excepcións,
son parte dun patrón que todos coñecemos, pero preferimos non mirar de frente porque asusta. Agora vén o máis incómodo,
a violencia non é so cousas de monstros, non sempre ten a cara do descoñecido.
Moitas veces ten a cara dalguén que un día dixo “quérote”.
Empeza cun, “deixame ver o teu móbil”, “non saias con esa saia”, “se me quixeras, farías isto, por min”. Empeza con control disfrazado de amor, con celos disfrazados de paixón e con insultos disfrazados de humor.
E como sociedade, como persoas…que facemos? Dicimos: pobre nena… E logo rimos dun chiste machista.
Compartimos un lazo violeta nas redes e despois consumimos cancións, series ou influencers que normalizan a violencia.
Gardamos un minuto de silencio e logo volvemos ao ruído que o tapa todo.
Ninguén nos pide que seamos heroes.
Pídense cousas moito máis dificiles: mirar, mirar de verdade, escoitar de verdade. Non xustificar, non blanquear, non calar.
O manifesto non vai rematar cun eslogan, nin cunha frase tranquilizadora,
porque esto non vai de tranquilidade.
Porque o silencio de hoxe, non é complicidade. O silencio de hoxe, é memoria.
SABELA NOGUEIRA IMIA (4º DA ESO)
VÍDEO-RESUMO DESTE DÍA: