No segundo trimestre, dado o éxito que tivemos co primeiro, volvemos apostar por un libro de relatos, Trece avisos: Contos de medo para ler pola noite de Paula Carballeira, autora que asistira ao Club de lectura de Adultos do noso centro e nos falara del, despois de velo na nosa biblioteca.
Como o propio título aclara son 13 relatos curtos de terror que pode ser lido a calquera idade, porque lembran os medos que todos e todas tivemos na infancia ou na adolescencia. Todas as historias van introducidas cun aviso previo -unha cita breve- que anuncia o que te vas atopar no interior da relato. Á rapazada gustoulles moito, aínda que confesaban, os/as máis propensos ao medo, que non o podían ler de noite porque lles impedía durmir inmediatamente. Comentaron a diversidade de historias, os tópicos que saen nelas, as distintas formas de narración.
Como actividade complementaria propuxémoslles que escribisen un relato de medo semellantes aos que aparecían no libro e que despois lles leron aos/ás compañeiros/as; enviámoslles a Paula Carballeira os tres mellores para que fixese podcasts para un programa de radio no que ela participa.