A
escritora Yolanda Castaño (Santiago
de Compostela, 1977)
é
a gañadora
do Premio Nacional de Poesía 2023. O Ministerio
de Cultura
premiou a Castaño pola súa obra Materia,
que xira arredor dos temas da materninade,
a familia e
os costumes,
e que foi
cualificada
polo
xurado como
“directa,
radical e feminista”.
Nas
súas primeiras declaracións tralo fallo do premio, afirmou: “non
creo que poida aspirar a nada máis. Foi un soño poder
logralo”.
Ademais salientou:“escribo
na miña propia lingua e camiño coa cabeza ben alta escribindo en
galego. Non
a creo nin defectiva, nin subsidiaria nin menor que outras.”
Outras
obras destacadas desta autora son: Elevar
as pálpebras, Vivimos no ciclo das Erofanías, Profundidade de campo
e A segunda lingua.