LA LADRONA DE HUESOS, DE MANUEL LOUREIRO

   Este luns 19 de decembro reuniuse de novo o Club de Lectura de Adultos  ao redor dun café e do doce pouso que deixou a lectura de La ladrona de huesos. Na reunión todas comentamos o moito que nos gustara o libro e como gozamos léndoo. Compartimos as nosas impresións nun ambiente moi coloquial e cercano.

        Alédanos ver como o grupo se vai facendo máis grande, como novas nais se van animando a participar e a formar parte do Club.

        Nesta reunión entregouse o seguinte libro, Pan de limón con semillas de amapola, de Cristina Campos, un bo libro para despedir o ano e comezar o 2023 cun "pan" tan delicioso coma este, cunha historia tan tenra coma esta.