BAIOLENDO DESPÍDESE DO 1º TRIMESTRE

Un ano máis, Baiolendo remata o 1º trimestre compartindo as opinións e impresións das súas lecturas. Desta vez, por mor da COVID-19, non puidemos facer a reunión conxunta ao redor dun ágape con todos os membros dos distintos grupos, pero si queremos facervos a achega dos libros que lemos: Mamá, quero ser Ziggi Stardust, de Iria Misa (1º da ESO), O que eu creo (de todo), de Jordi Sierra i Fabra (3º da ESO), Nubes de evolución, de Andrea Maceiras (4º da ESO), Segredos no solpor, de Iria Misa (4º da ESO) e Senlleiras, de Antía Yáñez (1º de bacharelato).

Bo fin de trimestre e bo comezo de ano!!!









PREMIO EDUARDO BLANCO AMOR

 

  Marilar Aleixandre é a gañadora do XXXIX Premio Eduardo Blanco Amor coa obra As malas mulleres.


LECTURAS INCLUSIVAS

Presentamos as novidades sobre lectura inclusiva que acaban de chegar a nosa biblioteca.

Hai sobre temáticas variadas e de todos os tipos: novelas, poesía, cómics..

Botádelle un ollo a estes vídeos no que se amosan os títulos!

Están esperando a que veñades por eles para ler no Nadal 😃


LECTURAS INCLUSIVAS DIFERENTES TEMÁTICAS


LECTURAS INCLUSIVAS DE CÓMICS E DEBUXOS


LECTURAS INCLUSIVAS SOBRE O ACOSO




LECTURAS INCLUSIVAS EN LINGUA GALEGA


25N - POR TODAS AS MULLERES ERGÁMONOS

POR TODAS AS MULLERES ERGÁMONOS! 

Dende a biblioteca propuxemos que en todas as aulas do noso instituto escoitaramos os acertados versos da poeta de Granada, Victoria Ash, en "Para ti, que es especial":

"Veña, érguete.
 Non lles creas. 
Eles non ven o que eu vexo en ti. 
O que ti deberas ver. 
Non porque cho diga eu, Non porque eu te sinta.
Dentro.
Senón porque ti es o mellor que che aconteceu na vida. 
Que hei de dicir para que te queiras? 
Non podo dicir nada.
Todos os motivos xa os tes ti dentro"
Por todas as mulleres érgome para ser, da liberdade, o seu canto.
Ben alto: que non nos imos deixar morrer nin matar, que se non nos queren vivas os fillos do odio, os fillos do mal, augúrolles un triste final. 
Por todas as mulleres.
Por todas as persoas que as saben amar"



25 N- ENCONTRO CON ROSALÍA FERNÁNDEZ RIAL

 QUE A MÁSCARA NON NOS IMPIDA FALAR! 

(POR TODAS AS MULLERES QUE NON PODEN FACELO) 

PARA QUE UN DÍA FUTURO NON SEXA NECESARIO

 Un 25 DE NOVEMBRO DE VÍTIMAS, MEDOS E VIDAS CREBADAS 


   Por desgraza os datos demostran que aínda está lonxe o ano en que non sexa necesario un 25 de novembro de concienciación e sensibilización. Para que as máscaras que impón o COVID-19 non sexan un favorecedor da invisibilidade histórica que sufrimos as mulleres, cómpre falar desta realidade. Cómpre berrar con máis forza para que a tea non impida que o noso apoio e a nosa solidariedade chegue a todas as mulleres que o precisan. 

   Por todo isto, nesta semana de reivindicación, no IES Maximino Romero de Lema comezamos a celebración da semana do 25 de novembro coa presenza de Rosalía Fernández Rial, cuxa recitación enche de enerxía o escenario e fai vibrar a quen tivemos a sorte de escoitala presentándonos o seu último libro de poemas. 

   O acto, que se estruturou en dúas sesións, destinouse a alumnado de 1º e 2º de Bacharelato. Comezou co visionado dun videopoema moi vinculado a Baio, pois foi gravado aquí, con mulleres da localidade e conta mesmo con música dunha antiga alumna do Centro, Antía Ameixeiras . A profesora Dolores Torrado realizou un percorrido pola obra da autora e antigas alumnas da poeta tomaron a palabra para lembrar con agarimo a expectación que creaba durante as súas horas de docencia e fixéronlle unha entrevista con diversas cuestións sobre o proceso da escrita, sobre o libro, sobre a súa faceta docente e outros aspectos. 

    A continuación tomou a palabra a escritora e contounos a orixe do libro Árbores no deserto, a intención e o obxectivo que se marcou coa súa feitura. Trátase dun libro coral onde as mulleres son protagonistas rescatadas do deserto, do silencio. Mulleres que escribían e non tiñan a necesaria divulgación que necesita toda creación.

   E, finalmente, chegou o momento máis agardado: a performance da poeta que usou recitado e ilustracións proxectadas para lembrar as mulleres ás que ía dedicada cada un dos poemas e que nos conmoveu a todas persoas presentes.

 Grazas Rosalía!










25 DE NOVEMBRO, DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 




QUE A MÁSCARA NON NOS IMPIDA FALAR

(POR TODAS AS MULLERES QUE NON PODEN FACELO)

PARA QUE UN DÍA FUTURO NON SEXA NECESARIO

UN 25 DE NOVEMBRO DE VÍCTIMAS, DANOS E VIDAS CREBADAS










Dende o IES MAXIMINO ROMERO DE LEMA, queremos amosarvos este vídeo feito por alumnas no que se recollen lemas contra a violencia de xénero.




Tamén vos mostramos algunhas lecturiñas que hai na nosa biblioteca para conmemorar esta día.




                             #NONMÁISVIOLENCIA